O pasado venres (13/01/2017) as amigas de Proxecto Cárcere convidaron a Rodrigo Osorio a falar de Urbano Lugrís González no seu Ondas do Cárcere. Se querede podedes escoitar o programa aquí:
-
-
Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega. Sonigrama 122 E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso: DESEÑO INTELIXENTE Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador… sementar animismo no momento estelar 1350… panteísmo, 750 unidades estelares despois… ritos xerárquizados no intre 5415-8… bailes tribais naquela illa… e de remate… a autoconsciencia. E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión. Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do…
-
O 18 de xuño de 2013 o meu amigo Rodrigo Osorio participou nunha mesa redonda organizada pola Escola de práctica xurídica de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela. O título, moi orixinal, A politización da xustiza. Case que un ano depois pasou a limpo as notas de aquela intervención e as quere comparto con vós usando esta constelación. Podedes ler o artigo que naceu da mesa redonda premendo sobre o seu título: A POLITIZACIÓN DA XUSTIZA
-
Despois do éxito de Nos caixeiros. Esta é a proposta de Rodrigo para o Sonigrama 85 do Diario cultural da Radio Galega:(É necesario escoitar os sons para atopar o sentido? do relato)COMPRA SEMANAL Dous de aceite, unha de auga, unha leituga, medio de kiwis,… unha bandada de gaivotas,… dous quilos de brócoli, tres de leite semigordo,… sete galiñas,… Non, oito! (Case se escapa esta) café, xabrón,unha vaca,… – Queta, Rubia! Xa tes dono! … e tres de cereais. Mentras colocaba a compra no carriño a caixeira sorriu: – En efectivo ou con tarxeta? Abriu a…
-
Rodrigo Osorio volta facer unha proposta para o sonigrama 84 do Diario cultural da Radio galega.Desta volta ten sentido sen necesidade dos sons. Nos caixeiros As almas libres, as prófugas dos cartos e ás que a maioría botamos dos pisos amoblados durmen -paradoxos da vida (a sucia realidade que construimos votando)- nos caixeiros.
-
Tócame a min.Un seis!Quen chama?Volto e alguen moveu as fichas no taboleiro. Alerta xaaxito o cubilete… (Brúa o teléfono)…e paro:publicidade.O dado repenica e…chega un guasapatendo ao lonxano,a un intre-scendente dun veciñoAs fichas todasxogan contra min.Namentres non estabalevantaron barreiras,avanzaron xornadas.Quen fai as trampas neste solitario? Nesta ligazón lido polo seu autor: Sonigrama 81
-
Xermán escoitouno polo talkie, pero non o creu… Ata que veu a Godzilla. Entón alertou aos seus compañeiros: – Un dinosaurio vai cara ao robot xigante que víchedes! Mariola, usuo a radio para decirlle aos dos outros coches patrulla: – Estades de carallada? Como vos escoiten na comisaría! Mirou ao final da avenida e foi quen de deixar libre de peóns a senda dos elefantes antes de que pasara a manada das doce. – Aqui a Central a todos os axentes, deixade baleira Rosalía de Castro, repito, Rosalía de Castro. Mando tres cazas para derribar ao lagarto. Despexade a zona!
-
Vou centrar un pouco o texto co espazo,espazo, espazo… espazo, o espazo no que vogan as ondas do son… Que estou a escribir? “Luisa, non é doado comezar esta carta…” …as metralladoras como máquinas de escribir esquelas… -Teño que centrarme. “Luisa, non deixo de pensar no martes cando non fun quen de responder a túa pregunta, tansinxela…” …as manos dela escribían mentres soaba aquela canción. Son incapaz de porme á máquina sen lembrar aquela serie da tele, Murder, She wrote… Se non me podo concentrar é mellor co deixe.Fareino pouco a pouco: L – u – i – s – a-…
-
Os amigos do Diario Cultural da RG leron hoxe a proposta do meu querido alter ego para o sonigrama 68: Atrás queda mañá Poden escoitalo premendo aquí (a partir do min. 44:20, aprox)
-
Proposta de ROG para o sonigrama 68 do Diario cultural da Radio galega: Non é doado fuxir de cada día: coller un cadilac -un vello coche sen dirección hidraúlica- (Na radio só emiten falsos temas de onte) e demasiado amodo deixar atrás as mesas de cociña. O escai do asento queima como a lista da compra: mellor paro na selva (os catro intermitentes) E, ainda que morra afogado, provocarei á besta, o rei dos paxaros carnívoros, trotando cos meus diante das súas fauces. Para que vou acordar se son quen son: un centauro azul e retroactivo? Poden escoitar…