• Antroido - Humoroteca de l´Aurore.

    Le Rosaire de l’Aurore, núm. 3. (Terceira época).

    Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire! LE ROSAIRE, NÚM. 3. TERCEIRA ETAPA. 21 DE ANTROIDO DE 2017. Sumario   VOLVE A SANTA ALIANZA Luis Alfonso de Borbón mantivo unha reunión reservada co cónsul do United Kingdom en Galicia e representantes dos grupos municipais popular e socialista no Concello da Coruña que pon alicerces para a moción de censura a Ferreiro. A Santa Sé desvínculase da xuntanza. PENULTIMÁTUM, por Luis Alfonso de Borbón. Transcripción literal do discurso que o bipretendente ditou onte nos micrófonos de Radio Coruña A CORUÑA LUISALFONSISTA A Asemblea da Asociación de Veciños da Horta de Garás proclaman…

  • Antroido - Humoroteca de l´Aurore.

    Le Rosaire, núm. 2 (Terceira época)

    Le Rosaire, saíu! Descárguese Le Rosaire! LE ROSAIRE DE L’AURORE. 20 DE ANTROIDO DE 2017 Sumario. A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA ESIXE RESPECTO A XULIO FERREIRO. A mofa da decapitación de Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen nun cartel de Alberto Guitián co que o concello atlántico anuncia o seu entroido «reabre feridas aínda non pechadas» LR, núm. 2, 20 de antroido de 2017.    

  • Antroido - Humoroteca de l´Aurore.

    Le Rosaire de l’Aurore, núm. 1 (Terceira época)

    Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire! O aperiódico por antropofaxia volve as súas pantallas nunha terceira época, coma sempre, impredecible. LE ROSAIRE DE L’AURORA. 19 DE ENTROIDO DE 2017. Sumario. O CONSULADO BRITÁNICO EN GALICIA ESIXE ESPLICACIÓNS AO CONCELLO DA CORUÑA. Tras o uso irreverente dun dos seus máis queridos xefes de estado e fundador da igrexa anglicana nun cartel de entroido. Pode ler o primeiro número desta nova xeira do Le Rosaire pulsando aquí.  

  • In nave civitas - Novísima Irmandade da Fala da Cruña - Xermán Valtuille

    UNHA NOVA XORNADA GALEGUISTA

    FERROL-CRUÑA As irmás da fala diante do Ideal Room. 2017.   XERMAN VALTUILLE. O sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da Fala da Cruña. Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da fundaçom Artábria emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo pra difundir a celebración deste acto. As irmás da Cruña saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e comezaron a lenta viaxe no convoi.…

  • Autobombo. - In nave civitas - Novísima Irmandade da Fala da Cruña

    O SÁBADO QUE VÉN. Recreación dun mitin galeguista en Ferrol

    A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917.; por xentileza de Antóm Laia. O DOMINGO QUE VÉN Un mitin galleguista no Ferrol O día once terá efeito no Ferrol un mitin de propaganda organizado pol-o comité d’aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña. N’él tomarán parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire. O notabre coro “Toxos e Froles” cantará os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo. Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás…

  • Autobombo. - In nave civitas - José Biobardi - Poesía. - Radio 18 - Tango - Un canon accidental

    Últimas novas sobre José Biobardi: a estrea atlántica da Marea no Xanrei

    O número 17 da revista argentina A media Luz (publicado na primavera austral de 2007) publicou o seguinte artigo asinado por ABR: A MAREA NO XANREI, UN ESTRIBILLO INÉDITO DE JOSÉ BIOBARDI A MAREA NO XANREI Sube coa lúa a melancolía “Preamar as oito” -anunciaba o diario. A máis afouta onda móllame o corazón, móllame o corazón que se torna pesao LA MAREA EN EL XANREI1 Sube con la luna la melancolía “Pleamar a las ocho” -anunciaba el diario. La ola más osada me moja el corazón, me moja el corazón que se torna pesado. El manuscrito que publicamos en…

  • In nave civitas - Radio 18 - Urbano Lugrís - VII día Lugrís

    Rematando a Marineda soñada de Urbano Lugrís

    O MURAL «MARINEDA SOÑADA» VOLTA AO SEU ESTADO ORIXINAL. Foto de Javier Alborés para El Ideal gallego. Tras romper coas súas sinaturas a harmonía orixinal do deseño de Urbano Lugrís, os grafiteiros fixéronse cargo dos custes da pintura necesaria para reparalo. O pasado 29/12/2016 o mural que Kse (coa colaboración de Choupa, un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras coñecer o proxecto) pintou na praza de Pontevedra por iniciativa do colectivo In nave civitas e a asociación cultural O Mural para conmemorar o VII día Lugrís amaneceu cunhas pintadas que rompían a harmonía do…

  • Autobombo. - Restralletes - Sonigramas

    Deseño intelixente, proposta para o sonigrama 122

    Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega. Sonigrama 122 E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso: DESEÑO INTELIXENTE Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador… sementar animismo no momento estelar 1350… panteísmo, 750 unidades estelares despois… ritos xerárquizados no intre 5415-8… bailes tribais naquela illa… e de remate… a autoconsciencia. E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión. Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do…

  • #VéndeseCidade - A contratiempo. - Antroido - Lírica de ocasión - Orzaneiras - Poesía.

    Construtores de peirao

    Agora que os de Puertos del Estado seguen cos seus vellos costumes de xestionar o urbanismo da Coruña sen contar co Concello pódese recuperar este ferrete que as Orzaneiras levamos no antroido do ano pasado:  CONSTRUTORES DE PEIRAO (Mariñeiro de Caión, tradicional) Os de Puertos del Estado quixeron especular (bis) e venderon o peirao pra poder edificar (bis) Os pesqueiros van pra Oza a mercante ao Exterior e nós enchemos o porto de cemento e formigón (Retrouso) Non levo peix’ non levo peix’ levo vivendas frescués (Bis) E Maruxa a peixeira xa montou a inmobiliaria (bis) vende duplex e locais…