• In nave civitas - Radio 18 - Urbano Lugrís - VII día Lugrís

    Rematando a Marineda soñada de Urbano Lugrís

    O MURAL «MARINEDA SOÑADA» VOLTA AO SEU ESTADO ORIXINAL. Foto de Javier Alborés para El Ideal gallego. Tras romper coas súas sinaturas a harmonía orixinal do deseño de Urbano Lugrís, os grafiteiros fixéronse cargo dos custes da pintura necesaria para reparalo. O pasado 29/12/2016 o mural que Kse (coa colaboración de Choupa, un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras coñecer o proxecto) pintou na praza de Pontevedra por iniciativa do colectivo In nave civitas e a asociación cultural O Mural para conmemorar o VII día Lugrís amaneceu cunhas pintadas que rompían a harmonía do…

  • In nave civitas - Medre o mar - Urbano Lugrís - VII día Lugrís

    Grafiti sobre mural

    O estado do mural na mañá do 29/12/2016. TAS e MOSI, se son quen de entender a súa caligrafía, decidiron deixar as súas sinaturas sobre o mural Marineda soñada que Kse coa axuda de Choupa (un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras pasar unha hora libre mirando como Kse reproducía a serigrafía de Urbano Lugrís) estaban rematando no muro do instituto que da a praza de Pontevedra da Coruña. Hoxe, con algunhas imprecisións (son xornais), La opinión de A Coruña e El ideal gallego recollen a nova. Dende In nave civitas sabiamos do risco…

  • In nave civitas - Medre o mar - VII día Lugrís

    Marineda soñada, de Urbano Lugrís

    Dentro das actuacións do VII día Lugrís (17/12/2016) o colectivo In nave civitas en colaboración co Instituto Eusebio da Guarda e o grafiteiro Kse levaron beleza a un dos muros máis esquecidos do corazón da Coruña. Estado orixinal do muro.  O profesor Xulio Cuba suxeriu esta obra, que foi elexida por aclamación dos membros do colectivo: A obra de Urbano Lugrís, Marineda soñada. A obra quedou así: O muro onte pola mañá. Detalle do mural onte pola tarde. NOTA: Esta mañá o mural Isabel Ruso, a directora do IES, chamounos para avisarnos disto: TAS e MOSI deixaron a súa pegada…

  • Autobombo. - In nave civitas - Lírica de ocasión - Medre o mar - Poesía. - VII día Lugrís

    Mecenas interesados

    Historia contada polo Rucho, bucio de secano, na que refírense os verdadeiros motivos do interese de Abanca na protección do mural. Escoiten os meus señores miñas donas coruñesas esta verídica historia de interesados mecenas * Era Fuencisla Marchesi unha rica propietaria con Javier Etcheverría ela casou ben casada. Tiña nun local do centro unha obra excepcional pintada por don Urbano chamado o pintor do mar. * Alá polo 2010 uns calquera, catro gatos advertiron o perigo ao mural hai que salvalo! E falaron co marido desa rica propietaria «Eu non quero protexelo, quero levalo pra casa!» * O concello máis…