Agora que os de Puertos del Estado seguen cos seus vellos costumes de xestionar o urbanismo da Coruña sen contar co Concello pódese recuperar este ferrete que as Orzaneiras levamos no antroido do ano pasado: CONSTRUTORES DE PEIRAO (Mariñeiro de Caión, tradicional) Os de Puertos del Estado quixeron especular (bis) e venderon o peirao pra poder edificar (bis) Os pesqueiros van pra Oza a mercante ao Exterior e nós enchemos o porto de cemento e formigón (Retrouso) Non levo peix’ non levo peix’ levo vivendas frescués (Bis) E Maruxa a peixeira xa montou a inmobiliaria (bis) vende duplex e locais…