• Autobombo. - Radio 18 - Restralletes - Sonigramas

    O almorzo do duque de Wessex ou “o efecto patatilla (A proposta de ROG para o Sonigrama 132)

    Velaí a proposta de Rodrigo Osorio, cada día máis activo, para o sonigrama 132 do Diario cultural da Radio Galega: O ALMORZO DO DUQUE DE WESSEX OU “O EFECTO PATATILLA” O duque de Wessex, sabe que ten que agardar exactamente 57 segundos. O tempo exacto en que as mastigaduras de Xosé Lamas, un vigués que sempre almorza patatillas, fan desenvolvérense uns papéis engurrados dunha Concellaría de Ferrol; que pola súa banda levan agromar a fonte escura de Toulousse. Gurgullar que fai chover en Ouessant, o que espanta ao vento que comeza a súa invisíbel invasión de Inglaterra acirrando ao tren…

  • Autobombo. - Restralletes - Sonigramas

    Deseño intelixente, proposta para o sonigrama 122

    Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega. Sonigrama 122 E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso: DESEÑO INTELIXENTE Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador… sementar animismo no momento estelar 1350… panteísmo, 750 unidades estelares despois… ritos xerárquizados no intre 5415-8… bailes tribais naquela illa… e de remate… a autoconsciencia. E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión. Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do…

  • Autobombo. - Restralletes - Sonigramas

    O erro útil

    Rodrigo Osorio volta á carga e enviou o seguinte restrallete como proposta para o sonigrama 110 do Diario Cultural da Radio Galega. –  Entón cre que funcionará? –  Poden comprobalo vostedes neste ensaio. Aldán, explícalles as conclusións. – O suxeito B é unha muller de corenta e oito anos: o votante medio. Nos test previos amosou certas tendencias filo-libertarias. De ter que escoller unha papeleta nunca sería unha das súas pero coas nosas “correccións” do sistema de cirbervoto: miren, miren,… Tras catro erros pódelle a preguiza e non le  o que supón premer “aceptar” e… sempre vota por un de…

  • Restralletes - Sonigramas

    Compra semanal (Sonigrama 85)

    Despois do éxito de Nos caixeiros. Esta é a proposta de Rodrigo para o Sonigrama 85 do Diario cultural da Radio Galega:(É necesario escoitar os sons para atopar o sentido? do relato)COMPRA SEMANAL Dous de aceite, unha de auga, unha leituga, medio de kiwis,… unha bandada de gaivotas,… dous quilos de brócoli, tres de leite semigordo,… sete galiñas,… Non, oito! (Case se escapa esta) café, xabrón,unha vaca,…      – Queta, Rubia! Xa tes dono! … e tres de cereais. Mentras colocaba a compra no carriño a caixeira sorriu:       – En efectivo ou con tarxeta?  Abriu a…

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Poesía. - Sonigramas

    Nos caixeiros

    Rodrigo Osorio volta facer unha  proposta para o sonigrama 84 do Diario cultural da Radio galega.Desta volta ten sentido sen necesidade dos sons. Nos caixeiros As almas libres, as prófugas dos cartos e ás que a maioría botamos dos pisos amoblados durmen                -paradoxos da vida                (a sucia realidade que construimos votando)- nos caixeiros.

  • Poesía. - Restralletes - Sonigramas

    A proposta de Rodrigo Osorio para o sonigrama 81

    Tócame a min.Un seis!Quen chama?Volto e alguen moveu as fichas no taboleiro. Alerta xaaxito o cubilete… (Brúa o teléfono)…e paro:publicidade.O dado repenica e…chega un guasapatendo ao lonxano,a un intre-scendente dun veciñoAs fichas todasxogan contra min.Namentres non estabalevantaron barreiras,avanzaron xornadas.Quen fai as trampas neste solitario? Nesta ligazón lido polo seu autor: Sonigrama 81

  • Restralletes - Sonigramas

    O día seguinte, proposta de ROG para o Sonigrama 78

    Xermán escoitouno polo talkie, pero non o creu… Ata que veu a Godzilla. Entón alertou aos seus compañeiros: – Un dinosaurio vai cara ao robot xigante que víchedes! Mariola, usuo a radio para decirlle aos dos outros coches patrulla: – Estades de carallada? Como vos escoiten na comisaría! Mirou ao final da avenida e foi quen de deixar libre de peóns a senda dos elefantes antes de que pasara a manada das doce. – Aqui a Central a todos os axentes, deixade baleira Rosalía de Castro, repito, Rosalía de Castro. Mando tres cazas para derribar ao lagarto. Despexade a zona!

  • Restralletes - Sonigramas

    A proposta de ROG para o sonigrama 70

    Vou centrar un pouco o texto co espazo,espazo, espazo… espazo, o espazo no que vogan as ondas do son… Que estou a escribir? “Luisa, non é doado comezar esta carta…” …as metralladoras como máquinas de escribir esquelas… -Teño que centrarme. “Luisa, non deixo de pensar no martes cando non fun quen de responder a túa pregunta, tansinxela…” …as manos dela escribían mentres soaba aquela canción. Son incapaz de porme á máquina sen lembrar aquela serie da tele, Murder, She wrote… Se non me podo concentrar é mellor co deixe.Fareino pouco a pouco: L – u –  i – s – a-…