• Autobombo. - Radio 18 - Restralletes - Sonigramas

    O almorzo do duque de Wessex ou “o efecto patatilla (A proposta de ROG para o Sonigrama 132)

    Velaí a proposta de Rodrigo Osorio, cada día máis activo, para o sonigrama 132 do Diario cultural da Radio Galega: O ALMORZO DO DUQUE DE WESSEX OU “O EFECTO PATATILLA” O duque de Wessex, sabe que ten que agardar exactamente 57 segundos. O tempo exacto en que as mastigaduras de Xosé Lamas, un vigués que sempre almorza patatillas, fan desenvolvérense uns papéis engurrados dunha Concellaría de Ferrol; que pola súa banda levan agromar a fonte escura de Toulousse. Gurgullar que fai chover en Ouessant, o que espanta ao vento que comeza a súa invisíbel invasión de Inglaterra acirrando ao tren…

  • Autobombo. - Restralletes - Sonigramas

    Deseño intelixente, proposta para o sonigrama 122

    Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega. Sonigrama 122 E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso: DESEÑO INTELIXENTE Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador… sementar animismo no momento estelar 1350… panteísmo, 750 unidades estelares despois… ritos xerárquizados no intre 5415-8… bailes tribais naquela illa… e de remate… a autoconsciencia. E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión. Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do…

  • A contratiempo. - Autobombo. - Cuentos. - In nave civitas - Na prensa - Orzán - Palavra comum - Poesía. - Restralletes - Sergio B. Landrove

    Sobre unha posible orixe orzánica do castro de Cociñadoiro en Palavra Comun

    Agradezo ás amigas da ciber-revista Palavra comum  que acolleran un pequeno avance editorial. FRAGMENTOS DA ATOREIDA Sobre unha posible orixe orzánica do castro de Cociñadoiro Un adianto: «Miña dona, agora que a alianza rematoupoderemos usar do saber dos fenicios para evitar a guerra.Esta arte que usan no último confín,moito máis alá de sereas e cíclopes,nos campos nos que Yamm goberna con terror,pode que permita nova paz cos brigantios» O de xenio ebulente amosou á raíñao enxoval que trouxera da terra dos fenicios:fíbulas e xerras, punzóns e agullas,espadas e puñais agudos e lixeiros. Se lles presta preman sobre o seu título…

  • Autobombo. - Restralletes - Sonigramas

    O erro útil

    Rodrigo Osorio volta á carga e enviou o seguinte restrallete como proposta para o sonigrama 110 do Diario Cultural da Radio Galega. –  Entón cre que funcionará? –  Poden comprobalo vostedes neste ensaio. Aldán, explícalles as conclusións. – O suxeito B é unha muller de corenta e oito anos: o votante medio. Nos test previos amosou certas tendencias filo-libertarias. De ter que escoller unha papeleta nunca sería unha das súas pero coas nosas “correccións” do sistema de cirbervoto: miren, miren,… Tras catro erros pódelle a preguiza e non le  o que supón premer “aceptar” e… sempre vota por un de…

  • Autobombo. - Crónicas landróvicas - In nave civitas - Medre o mar - Restralletes - V día Lugrís

    O narval lugrisán (Monodon galaicum)

     Fonte da imaxe. É unha especie de cetáceo odontoceto . A diferencia fundamental co narval común (Monodon monoceros) é que tanto a femia como o macho do narval lugrisán ten o característico corno –en realidade un dente- e ambos lucen unha gran variedade de cores na súa pel. Carece de aleta dorsal e ten un tamaño mediano entre os cetáceos, cunha lonxitude promedio, nos machos adultos, que oscila ente os 6 e os 7 metros, e un peso arredor das 2 toneladas. O seu habitat coñecido son as augas atlánticas da costa de Galicia e o norte de Portugal, aínda…

  • Dereito - El huevo y el fuero. - Restralletes

    Proxecto para a Lei do rexistro civil (2014)

    LEI DO REXISTRO CIVIL 2014 Artigo único. 1. Todos os españois ten a obriga de abrir un perfil en feisbuc, nel ten que actualizar semanalmente todos os datos exisidos pola páxina e facer un comentario que amose a súa ideoloxía, relixión ou orientación sexual. 2. Os proxenitores terán que facer o perfil dos seus fillos de ambos sexos dentro das 24 horas seguintes ao seu nacemento. O nome do bebé só poderá mudarse seguindo os criterios do suministrador da rede social. 3. Entenderase falecida unha persoa se durante máis de 3 semanasincumple a obriga de actualizar o seu estado. As…

  • Restralletes - Sonigramas

    Compra semanal (Sonigrama 85)

    Despois do éxito de Nos caixeiros. Esta é a proposta de Rodrigo para o Sonigrama 85 do Diario cultural da Radio Galega:(É necesario escoitar os sons para atopar o sentido? do relato)COMPRA SEMANAL Dous de aceite, unha de auga, unha leituga, medio de kiwis,… unha bandada de gaivotas,… dous quilos de brócoli, tres de leite semigordo,… sete galiñas,… Non, oito! (Case se escapa esta) café, xabrón,unha vaca,…      – Queta, Rubia! Xa tes dono! … e tres de cereais. Mentras colocaba a compra no carriño a caixeira sorriu:       – En efectivo ou con tarxeta?  Abriu a…

  • Poesía. - Restralletes - Sonigramas

    A proposta de Rodrigo Osorio para o sonigrama 81

    Tócame a min.Un seis!Quen chama?Volto e alguen moveu as fichas no taboleiro. Alerta xaaxito o cubilete… (Brúa o teléfono)…e paro:publicidade.O dado repenica e…chega un guasapatendo ao lonxano,a un intre-scendente dun veciñoAs fichas todasxogan contra min.Namentres non estabalevantaron barreiras,avanzaron xornadas.Quen fai as trampas neste solitario? Nesta ligazón lido polo seu autor: Sonigrama 81