• Autobombo. - Radio 18 - Restralletes - Sonigramas

    O almorzo do duque de Wessex ou “o efecto patatilla (A proposta de ROG para o Sonigrama 132)

    Velaí a proposta de Rodrigo Osorio, cada día máis activo, para o sonigrama 132 do Diario cultural da Radio Galega: O ALMORZO DO DUQUE DE WESSEX OU “O EFECTO PATATILLA” O duque de Wessex, sabe que ten que agardar exactamente 57 segundos. O tempo exacto en que as mastigaduras de Xosé Lamas, un vigués que sempre almorza patatillas, fan desenvolvérense uns papéis engurrados dunha Concellaría de Ferrol; que pola súa banda levan agromar a fonte escura de Toulousse. Gurgullar que fai chover en Ouessant, o que espanta ao vento que comeza a súa invisíbel invasión de Inglaterra acirrando ao tren…

  • Autobombo. - In nave civitas - José Biobardi - Poesía. - Radio 18 - Tango - Un canon accidental

    Últimas novas sobre José Biobardi: a estrea atlántica da Marea no Xanrei

    O número 17 da revista argentina A media Luz (publicado na primavera austral de 2007) publicou o seguinte artigo asinado por ABR: A MAREA NO XANREI, UN ESTRIBILLO INÉDITO DE JOSÉ BIOBARDI A MAREA NO XANREI Sube coa lúa a melancolía “Preamar as oito” -anunciaba o diario. A máis afouta onda móllame o corazón, móllame o corazón que se torna pesao LA MAREA EN EL XANREI1 Sube con la luna la melancolía “Pleamar a las ocho” -anunciaba el diario. La ola más osada me moja el corazón, me moja el corazón que se torna pesado. El manuscrito que publicamos en…

  • In nave civitas - Radio 18 - Urbano Lugrís - VII día Lugrís

    Rematando a Marineda soñada de Urbano Lugrís

    O MURAL «MARINEDA SOÑADA» VOLTA AO SEU ESTADO ORIXINAL. Foto de Javier Alborés para El Ideal gallego. Tras romper coas súas sinaturas a harmonía orixinal do deseño de Urbano Lugrís, os grafiteiros fixéronse cargo dos custes da pintura necesaria para reparalo. O pasado 29/12/2016 o mural que Kse (coa colaboración de Choupa, un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras coñecer o proxecto) pintou na praza de Pontevedra por iniciativa do colectivo In nave civitas e a asociación cultural O Mural para conmemorar o VII día Lugrís amaneceu cunhas pintadas que rompían a harmonía do…

  • Poesía. - Radio 18 - Sonigramas

    Atrás queda mañá (sonigrama 68)

    Proposta de ROG para o sonigrama 68 do Diario cultural da Radio galega: Non é doado fuxir de cada día: coller un cadilac -un vello coche sen dirección hidraúlica-            (Na radio só emiten falsos temas de onte) e demasiado amodo deixar atrás as mesas de cociña. O escai do asento queima como a lista da compra: mellor paro na selva              (os catro intermitentes) E, ainda que morra afogado, provocarei á besta, o rei dos paxaros carnívoros, trotando cos meus diante das súas fauces. Para que vou acordar se son quen son: un centauro azul e retroactivo? Poden escoitar…

  • Autobombo. - In nave civitas - José Biobardi - Poesía. - Radio 18

    A marea no xanrei, de José Biobardi

    Xanrei, por Roberto Castro da Librería Sisargas (Debuxo inspirado no tango de José Biobardi) Eu varado no Xanrei agardo por miña amada, baixo a luz do albor, nesta rocha fronteiriza entre o meu mundo e o seuna que vivimos os dous unha hora cada día, unha pinga no eterno, antes de saír o sol. Na que bailamos ben xuntos e nos amamos a modo antes de saír o sol. Retrouso: Sube coa lúaa melancolía  preamar ás oito-anunciaba o diario. A mais afouta onda móllame o corazón móllame o corazón  que se torna pesao. Ninguén aprobou o noso, advertironnos ben cedo que cerca…

  • Autobombo. - Cuentos. - Radio 18 - Restralletes - Sonigramas

    A elección (Sonigrama 67)

    Esta é a nova proposta de Osorio para o sonigrama 67 do Diario cultural da Radio Galega: A elección “Aqui ten que ser” – Bos días! Onde teñen…? Grazas, xa as vexo ao fondo do pasillo. “A ver esta… Que preguiza! A vermella aquela ten boa pinta…”  “É lenta, moi pausada, lenta dabondo.”  “E aquela sinxeliña do recuncho?”  “Si, señor. Esta é…” – Canto custa? Aquí ten. Pódema envolver para agasallo?–  Bo día! *** – Pinocchio, ven un momento. Teño unha cousa para ti. – Papa, é…– Si, meu ben, a túa alma: un espíritu firme, animoso, alegre. O ritmo que…

  • Autobombo. - Cuentos. - Radio 18 - Restralletes - Sonigramas

    Opus 139: Noé (Balada en Re)

    Donas e cabaleiros, para este Atardecer do Gaiás logramos traer un experimento musical que ven de abraiar no Campionato Intercontinental de Música Extemporánea. Con vostedes a zoorquestrina do mestre Trolichevonski! “ Imos aló.” “Branquiña en tempo… “…e Rubia tamén.” “Ben, Branca” – Amodo, Rubia, acurta o berro. “1, 2…” “O do elefante foi un risco pero a peza necesitaba algo de rocanrol.” “1, 2…” “Entra o oso” “Un galo? De quen é ese galo?”  – Queto, Sinbad, deixa o galo! Vladimir, lonxe de Branca! – Que alguén ate ás bestas  – Fuxaaaaaan,… Este conto de Osorio (que só ten sentido,…