Ás responsables do xornal dixital Praza pública hoxe acollen artigo Unha orde de ida e volta do meu vello amigo, Rodrigo Osorio, sobre a intrépida medida adoptada polo director xeral de xustiza da Xunta de Galicia.
-
-
Intramuros, detrás das portas, (ven o sabe a fotógrafa Pilar Silva) agóchanse tesouros incribles. Fai pouco paseando pola Coruña atopeime con isto na rúa Picos: Rúa Picos, 6 da Coruña Meses antes, grazas a Pablo Outón, que estaba a pintar o magnífico grafiti que podedes ver na foto, descubrimos unha outra realidade semellante, detrás da porta do primeiro barco pola dereita hai unha calella que leva á entrada de varias casas particulares. [Espazo entre as rúas Vista e Mariñas] Rúa Mariñas de A Coruña Nesta ligazón poden ver a porta aberta que da acceso a calella. [Data da consulta 25/08/2017]…
-
O cibersitio Historia de Galicia reseña o tiento de Rodrigo Osorio “P.M.A”, unha interpretación ventureira: Portus magnus artabrorun, unha posible sinatura de Lugrís. Xa o 10 de agosto publicaron unha completa reportaxe de Iñigo Mouzo sobre o mural da rúa Real 74-76 e a exposición organizada por Afundación: A Coruña reconcíliase con Lugrís, o artista do mar.
-
Lendo La cara desnuda de la mujer árabe (curioso título da edición en castellano de The hidden face of Eve, de نوال السعداوي –Naual Al Saadaui– na edición de 1991 da editorial horas y Horas) atopo unha cousa sorprendente. Hind bint Abi Umayya (هند بنت أبي أمية) tamén coñecida como Um Salama, a sexta muller do profeta Mahoma (ابو القاسم امحمد ابن عبد الله ابن عبد المطلب ابن هاشم القريش) queixouse da redacción do Corán e lle dixo ao seu esposo: Hemos proclamado nuestra fe en el islam y hemos hecho lo que vosotros habéis hecho. ¿Como puede ser que…
-
Como (non) nomear un fresco de Urbano Lugrís González [Un tento de Rodrigo Osorio] Para maior comodidade pode descargarse o texto deste tento aquí. Ventureira (adxetivo). Planta que nace e medra sen ser plantada ou sementada. Dicionario da Real Academia Galega Ventureiro (adxectivo) . Casual. Espontâneo […] Dicionario Estraviz A TESE (OU REVELACIÓN) VENTUREIRA Fotografía de Daniel Suárez Pousa, 2010. O Rubén Ventureira Novo, comisario da exposición Lugrís, paredes soñadas, e encargado da mercadotecnia para revalorizar o fresco que o Urbano Lugrís González [ULG] pintou no baixo de rúa Real 74-76 da Coruña nominou este mural como Vista da Coruña…
-
(na exposición Lugrís. Paredes soñadas) [Un tento de Rodrigo Osorio] Posiblemente a razón fundamental para visitar a exposición Lugrís, paredes soñadas que Afundación terá na súa sede na Coruña até o vindeiro 3 de setembro sexa a rara oportunidade de ver a obra Retablo do descubrimento na súa disposición orixinal. Forman o dito retablo 13 táboas, 12 delas de 74 x 74 cm. e a central de 272 x 80 cm. Colocadas conforme o seguinte esquema: 1. 2 7. 8. 3. 4. …
-
Onte Le Rosaire de l’Aurore contaba: Tras o discurso pronunciado onte por Luis Alfonso de Borbón no espazo El coruñés opina de Radio Coruña [Que reproducimos na face desta folla voandeira] un, até o momento, apoucado movemento cidadá comeza a acordar no corazón da máis auténtica Coruña: veciños da Gaiteira, Eirís e Canedo alzaron espontánemente nos seus centros cívicos as bandeiras lexitimistas […] e nas lapelas da veciñanza comezan a brillar flores de lis, que os luisalfonsistas, usan como símbolo do cambio e da esperanza A CORUÑA LUISALFONSISTA, do Rucho. Publicado no LR de 21 de antroido de 2017 Hoxe…
-
O pasado venres (13/01/2017) as amigas de Proxecto Cárcere convidaron a Rodrigo Osorio a falar de Urbano Lugrís González no seu Ondas do Cárcere. Se querede podedes escoitar o programa aquí:
-
Na páx. 721 do Altos estudios eclesiásticos, de Rafael Sánchez Ferlosio; Ignacio Echevarría di: En un excelente y muy documentado artículo (Jacinto Batalla y Valbellido, un autor de referencia) publicado el 3 de marzo de 2014 en la revista digital El Coloquio de los Perros, Sergio B. Landrove hace un exhaustivo acopio de todas las noticias que da Ferlosio de este personaje, así como de los textos que le atribuye. e esta cita nas notas ao primeiro volume dos ensaios reunidos de RSF está a facerme feliz dende que a descubrin. Por certo o meu “excelente y muy documentado” artigo…
-
Fonte da imaxe Eu que son bastante agnóstico sempre rezo a San Thomas More. Moito ten feito este home (en vida e tras o seu pasamento) polo estado de dereito tal e como o coñecemos. Cómpre nestes días en que tanta parvada se está a dicir e nos que nos Estados comezan a mudar as normas para restrinxir as liberdades, recordar a figura deste resistente, xurista e logo santo (católico). Na película sobre More A man for all seasons, de Robert Bolt recréase unha escena desas que de non ser verdade serve polo menos para reflectir o espíritu do protagonista…