• Autobombo. - In nave civitas - José Biobardi - Poesía. - Radio 18 - Tango - Un canon accidental

    Últimas novas sobre José Biobardi: a estrea atlántica da Marea no Xanrei

    O número 17 da revista argentina A media Luz (publicado na primavera austral de 2007) publicou o seguinte artigo asinado por ABR: A MAREA NO XANREI, UN ESTRIBILLO INÉDITO DE JOSÉ BIOBARDI A MAREA NO XANREI Sube coa lúa a melancolía “Preamar as oito” -anunciaba o diario. A máis afouta onda móllame o corazón, móllame o corazón que se torna pesao LA MAREA EN EL XANREI1 Sube con la luna la melancolía “Pleamar a las ocho” -anunciaba el diario. La ola más osada me moja el corazón, me moja el corazón que se torna pesado. El manuscrito que publicamos en…

  • #VéndeseCidade - A contratiempo. - Antroido - Lírica de ocasión - Orzaneiras - Poesía.

    Construtores de peirao

    Agora que os de Puertos del Estado seguen cos seus vellos costumes de xestionar o urbanismo da Coruña sen contar co Concello pódese recuperar este ferrete que as Orzaneiras levamos no antroido do ano pasado:  CONSTRUTORES DE PEIRAO (Mariñeiro de Caión, tradicional) Os de Puertos del Estado quixeron especular (bis) e venderon o peirao pra poder edificar (bis) Os pesqueiros van pra Oza a mercante ao Exterior e nós enchemos o porto de cemento e formigón (Retrouso) Non levo peix’ non levo peix’ levo vivendas frescués (Bis) E Maruxa a peixeira xa montou a inmobiliaria (bis) vende duplex e locais…

  • Autobombo. - In nave civitas - Lírica de ocasión - Medre o mar - Poesía. - VII día Lugrís

    Mecenas interesados

    Historia contada polo Rucho, bucio de secano, na que refírense os verdadeiros motivos do interese de Abanca na protección do mural. Escoiten os meus señores miñas donas coruñesas esta verídica historia de interesados mecenas * Era Fuencisla Marchesi unha rica propietaria con Javier Etcheverría ela casou ben casada. Tiña nun local do centro unha obra excepcional pintada por don Urbano chamado o pintor do mar. * Alá polo 2010 uns calquera, catro gatos advertiron o perigo ao mural hai que salvalo! E falaron co marido desa rica propietaria «Eu non quero protexelo, quero levalo pra casa!» * O concello máis…

  • A contratiempo. - Autobombo. - Cuentos. - In nave civitas - Na prensa - Orzán - Palavra comum - Poesía. - Restralletes - Sergio B. Landrove

    Sobre unha posible orixe orzánica do castro de Cociñadoiro en Palavra Comun

    Agradezo ás amigas da ciber-revista Palavra comum  que acolleran un pequeno avance editorial. FRAGMENTOS DA ATOREIDA Sobre unha posible orixe orzánica do castro de Cociñadoiro Un adianto: «Miña dona, agora que a alianza rematoupoderemos usar do saber dos fenicios para evitar a guerra.Esta arte que usan no último confín,moito máis alá de sereas e cíclopes,nos campos nos que Yamm goberna con terror,pode que permita nova paz cos brigantios» O de xenio ebulente amosou á raíñao enxoval que trouxera da terra dos fenicios:fíbulas e xerras, punzóns e agullas,espadas e puñais agudos e lixeiros. Se lles presta preman sobre o seu título…

  • Poesía.

    Antesala

    ANTESALA Habitación 117 A Filomena González Rodríguez Casi no queda nada en ese cuerpo solo el dolor y el yo en inercia:                (“lo que eres serás…                 pero más”) casi no queda carne ni palabras. Queda el deseo de aferrarse a un hoy, 28 de enero del 14, como todos, como los 31.800 anteriores, huérfano de satisfacciones pero con rincones luminosos. El sentido de la vida, hoy lo sé, es encontrar postura en esa cama, aliviar un picor, echar de la garganta el esputo que no deja pasar el aire y que te permitirá mañana sufrir más y sentir…

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Poesía. - Sonigramas

    Nos caixeiros

    Rodrigo Osorio volta facer unha  proposta para o sonigrama 84 do Diario cultural da Radio galega.Desta volta ten sentido sen necesidade dos sons. Nos caixeiros As almas libres, as prófugas dos cartos e ás que a maioría botamos dos pisos amoblados durmen                -paradoxos da vida                (a sucia realidade que construimos votando)- nos caixeiros.

  • Poesía. - Restralletes - Sonigramas

    A proposta de Rodrigo Osorio para o sonigrama 81

    Tócame a min.Un seis!Quen chama?Volto e alguen moveu as fichas no taboleiro. Alerta xaaxito o cubilete… (Brúa o teléfono)…e paro:publicidade.O dado repenica e…chega un guasapatendo ao lonxano,a un intre-scendente dun veciñoAs fichas todasxogan contra min.Namentres non estabalevantaron barreiras,avanzaron xornadas.Quen fai as trampas neste solitario? Nesta ligazón lido polo seu autor: Sonigrama 81