Ás responsables do xornal dixital Praza pública hoxe acollen artigo Unha orde de ida e volta do meu vello amigo, Rodrigo Osorio, sobre a intrépida medida adoptada polo director xeral de xustiza da Xunta de Galicia.
-
-
Liberdade con cargos: (Locución) Medida cautelar na que a persoa titular do poder xudicial atribúe a un presuntodelincuente polo menos dous postos de responsabilidade en calquera órgano ou institución dos poderes lexislativo ou executivo a custa do erario. O presunto delincuente ten que ocupar os ditos postos provisionalmente até que sexa firme a sentenza que poña fin ao proceso penal.
-
Intramuros, detrás das portas, (ven o sabe a fotógrafa Pilar Silva) agóchanse tesouros incribles. Fai pouco paseando pola Coruña atopeime con isto na rúa Picos: Rúa Picos, 6 da Coruña Meses antes, grazas a Pablo Outón, que estaba a pintar o magnífico grafiti que podedes ver na foto, descubrimos unha outra realidade semellante, detrás da porta do primeiro barco pola dereita hai unha calella que leva á entrada de varias casas particulares. [Espazo entre as rúas Vista e Mariñas] Rúa Mariñas de A Coruña Nesta ligazón poden ver a porta aberta que da acceso a calella. [Data da consulta 25/08/2017]…
-
O xornal Praza pública hospedou no seu cibersitio o tento As vellas oficinas xudiciais na nova Fábrica de Tabacos da Coruña (Que orixinariamente se titulaba “Non sal o toxo de toxo…” ) de Rodrigo Osorio, que semella que quere seguir facendo amigos no choio.
-
[Un tento de Rodrigo Osorio] Fonte da fotografía. Para a completa ciber-tramitación dos expedientes nas oficinas xudiciais (o moi publicitado «papel cero») queda moito tempo e no caso de Galicia, aínda máis. Semella que o conselleiro de xustiza non leu a meirande parte das normas coas que dende 2009 os lexisladores quixeron actualizar a administración de xustiza ou que de telas lido, a vontade do goberno galego é non cumprir as leis estatais neste eido. Para coñecer a política da Xunta de Galicia en materia de administración de xustiza o caso do expediente dixital é paradigmático. Unha das reformas de…