• O noxo compromiso con Galicia

    Empezaron eles (Excusatio non petita)

    Hai dúas semanas os de Novagalicia banco comezaron unha insultante campaña de publicidade que difundiron por radio, prensa escrita e internet*. Aínda pódese consultar na seguinte ligazón: O noso compromiso con Galicia Tras ler a terceira carta-insulto apeteceume contestarlles -dentro das miñas posibilidades- e de ese calentón naceu: O noxo, compromiso con Galicia Deixo a miña contra-campaña publicada nesta Constelación por se a alguén lle pode interesar. *Non sei se a campaña saiu na tele, supoño que si pero eu non a vexo tanto como para sabelo.

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Humoroteca de l´Aurore. - O noxo compromiso con Galicia

    O noxo, compromiso con Galicia ( VI )

    RECORRIDO ALFABÉTICO POLO NOSO COMPROMISO CON VOSTEDES Apañaremos todas as subvencións que poidamos para mantermos vivos ainda que rematemos con Galicia, España ou Europa. Banco, para banco o noso! De verdade prefire que lle robe alguén de fora? As Caixas foron un erro mantido teimudamente durante décadas e son a fonte de todos os males: o cancro, as ditaduras de esquerdas, a taxidermia e o volei praia masculino. Daremos aos nosos empregados a formación e as instrucións precisas para que rouben só a aqueles dos nosos clientes que teñan uns ingresos anuais superiores a dúas veces e media o salario…

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Humoroteca de l´Aurore. - O noxo compromiso con Galicia

    O noxo, compromiso con Galicia ( V )

    O NOSO BANCO DARÁ TRABALLO AOS NOSOS PÍCAROS   Deus Mesmo Televisor nai Mondoñedo, Lugo   Ninguén daba un duro por nós, as televisións de plasma. Que se éramos moi caras, que se o coltán esclaviza aos humanos de África, que as televisións tradicionais ainda tiraban… Se todos os pronósticos eran negativos fora de Galicia, que se podía esperar dunha terra tan conservadora como a nosa? O estudo do Intertational Pannel for the implantation of the plasmas TV in A Terra Chá financiado pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia concluía nunca antes de las 16:00 horas del 24…

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Humoroteca de l´Aurore. - O noxo compromiso con Galicia

    O noxo, compromiso con Galicia ( IV )

    UN BANCO QUE NON SE ESQUECE DE NÓS, AS GALEGAS Piumal Vento Alférez do corpo de calígrafos, fundadora do Colexio Profesional de Peritas Calígrafas de Galicia Ourense, Ourense A banca cambiou moito e en pouco tempo. Que nolo digan a nós, as galegas. Ata hai nada tiñamos dúas caixas e un banco. E agora atopámonos cun só banco, resultado da fusión das dúas caixas. (Perdemos un banco polo camiño, pero ós do Pastor non pagan esta páxina…) Os nosos principaís clientes nos últimos catro anos foron as dúas caixas. O acordo que firmamos con elas permitiu un crecemento desmesurado do…

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Humoroteca de l´Aurore. - O noxo compromiso con Galicia

    O noxo, compromiso con Galicia ( III )

    UN BANCO PROPIO ÁBRENOS MOITAS PORTAS Xosé Tarabelo Secretario Xeral da Patronal dos cerralleiros de Galicia Vigo, Pontevedra A cerrallería é un sector estratéxico en Galicia. A miúdo é moi difícil explicarlle a alguén que non é galego a enorme importancia que esta actividade ten para a nosa sociedade.  Sabemos as complicacións que causa estar lonxe dos lugares onde se toman as decisións que nos afectan directamente. O desenvolvemento do noso sector levounos a ter que buscar cada vez máis lonxe os recursos, e tamén os mercados e as oportunidades de investimento no exterior. Este proceso de internacionalización tería sido…

  • A contratiempo. - Es don Dinero - Humoroteca de l´Aurore. - O noxo compromiso con Galicia

    O noxo, compromiso con Galicia ( II )

    DÉRONME UN CRETO SEN AVÁIS Arsenio Ortigueira Empresario leonés do téxtil Arteixo, A Coruña O teño falado cos meus compañeiros da lista Forbes e sempre chegamos a mesma conclusión: as cousas non están tan mal porque fumos quen de paralas a tempo. E unha das solucións, ademáis de cambiar gobernos, foi rematar coas vellas caixas para transformalas en modernos, aerodiná-micos e competitivos bancos. Lonxe quedan os tempos nos que o noso capital desangrábase en obras sociais que non desgravaban impostos. Lonxe as entidades controladas por semianalfabetos elixidos “democráticamente”. Lonxe aquelas oficinas ateigadas de vellas cobrando pensións ou pagando recibos e…

  • A contratiempo. - Autobombo. - Es don Dinero - Humoroteca de l´Aurore. - O noxo compromiso con Galicia

    O noxo, compromiso con Galicia ( I )

    PIDO PERDÓN POR NON DAR MOEDAS Antón Mático Caixeiro electrónico Praza de Galicia, Vilagarcía de Arousa Non cambiamos nada, poden darme creto, e non é un chiste. Trocamos de nome, de cor pero seguimos atendendo aos galegos de todos os xéneros as 24 horas do día, os 365 días do ano, 5 anos por lustro. Sei que agora, por culpa das novas interesadas que espallan os nosos inimigos, vides a nós con medo de que amosemos a triste mensaxe de “NON HAI CARTOS” pero iso nunca vai pasar. Nunca negaremos a un galego un só billete (pido perdón por non…