• In nave civitas - Medre o mar - Urbano Lugrís - VII día Lugrís

    Grafiti sobre mural

    O estado do mural na mañá do 29/12/2016. TAS e MOSI, se son quen de entender a súa caligrafía, decidiron deixar as súas sinaturas sobre o mural Marineda soñada que Kse coa axuda de Choupa (un alumno do IES Eusebio da Guarda que se sumou ao traballo tras pasar unha hora libre mirando como Kse reproducía a serigrafía de Urbano Lugrís) estaban rematando no muro do instituto que da a praza de Pontevedra da Coruña. Hoxe, con algunhas imprecisións (son xornais), La opinión de A Coruña e El ideal gallego recollen a nova. Dende In nave civitas sabiamos do risco…

  • In nave civitas - Medre o mar - VII día Lugrís

    Marineda soñada, de Urbano Lugrís

    Dentro das actuacións do VII día Lugrís (17/12/2016) o colectivo In nave civitas en colaboración co Instituto Eusebio da Guarda e o grafiteiro Kse levaron beleza a un dos muros máis esquecidos do corazón da Coruña. Estado orixinal do muro.  O profesor Xulio Cuba suxeriu esta obra, que foi elexida por aclamación dos membros do colectivo: A obra de Urbano Lugrís, Marineda soñada. A obra quedou así: O muro onte pola mañá. Detalle do mural onte pola tarde. NOTA: Esta mañá o mural Isabel Ruso, a directora do IES, chamounos para avisarnos disto: TAS e MOSI deixaron a súa pegada…

  • Autobombo. - In nave civitas - Lírica de ocasión - Medre o mar - Poesía. - VII día Lugrís

    Mecenas interesados

    Historia contada polo Rucho, bucio de secano, na que refírense os verdadeiros motivos do interese de Abanca na protección do mural. Escoiten os meus señores miñas donas coruñesas esta verídica historia de interesados mecenas * Era Fuencisla Marchesi unha rica propietaria con Javier Etcheverría ela casou ben casada. Tiña nun local do centro unha obra excepcional pintada por don Urbano chamado o pintor do mar. * Alá polo 2010 uns calquera, catro gatos advertiron o perigo ao mural hai que salvalo! E falaron co marido desa rica propietaria «Eu non quero protexelo, quero levalo pra casa!» * O concello máis…

  • Autobombo. - Crónicas landróvicas - In nave civitas - Medre o mar - Restralletes - V día Lugrís

    O narval lugrisán (Monodon galaicum)

     Fonte da imaxe. É unha especie de cetáceo odontoceto . A diferencia fundamental co narval común (Monodon monoceros) é que tanto a femia como o macho do narval lugrisán ten o característico corno –en realidade un dente- e ambos lucen unha gran variedade de cores na súa pel. Carece de aleta dorsal e ten un tamaño mediano entre os cetáceos, cunha lonxitude promedio, nos machos adultos, que oscila ente os 6 e os 7 metros, e un peso arredor das 2 toneladas. O seu habitat coñecido son as augas atlánticas da costa de Galicia e o norte de Portugal, aínda…

  • A contratiempo. - Crónicas landróvicas - In nave civitas - Medre o mar - Pontificando - Un canon accidental - Ya os lo dije yo

    O Parlamento de Galicia e as obras de Urbano Lugrís

    Con esto de intentar que non se perdan os murais do noso señor Lugrís estiven a buscar o que fixeran os nosos mandatarios ao respecto e atopei o seguinte: O 08.06.2009 o grupo parlamentar socialista levou ao Parlamento unha proposición para instar á Xunta de Galicia a: catalogar as obras de Urbano Lugrís González levar a cabo un ditamen do estado das obras do Café Vecchio, do antigo restaurante Fornos e da Casa do Mar de Malpica proceder a limpeza e restauración desas obras Aquí o texto completo O Boletín do Parlamento de Galicia (BOPG) de 02.11.2009 aprobou a proposición…

  • In nave civitas - José Biobardi - Medre o mar - Poesía.

    Ulises Fingal, outro tango sur-marino.

    Xosé Falperra, máis coñecido polo seu alcume tanguista: José Biobardi, foi un dos camaradas das esmorgas coruñesas de Antón Avilés de Taramancos e Urbano Lugrís. Adicou varios tangos, poemas e cancións ao xigante pintor coruñés. No 1973 tras a morte de Urbano escribiu un tango sur-marino* (Ulises Fingal, un dos pseudónimos do pintor) en memoria do seu amigo. A Urbano Lugrís, náufrago de singraduras abondas Voltando a Ítaca ben cedo o xa moi tarde despois de coa barra disfrutar o vello Fingall non atopa abrigo nin praia na que descansar. Non hai sereas que canten para él. Nin carta que…

  • In nave civitas - Medre o mar - Poesía. - Pontificando - Un canon accidental

    S.O.S LUGRÍS

    Mayday, mayday, mayday ! Pan-pan, pan-pan, pan-pan!, Securité, securité, securité! (O’Rivas) Aviso aos terrícolas: Somos fillos do mar, vivimos no medio e medio do Océano. Non podemos perder ao pintor sur-marino: da súa ancora penden os nosos soños. Alarma. Aviso de auxilio. Na rúa dos Olmos os picos traballan as voces para acadar o silencio (tamén as lanternas lograron sementar oscuridade) Alarma. Aviso de auxilio. Na rúa dos Olmos queren matar ao mar, facernos esquecer ao Ulises Fingall, -irmán de Jules Verne- agochando en formigón as súas pegadas. S.O.S Lugrís, Lugrís S.O.S Novos trebóns ameazan: non queren o ronsel das…

  • Autores invitados - In nave civitas - Medre o mar - Poesía.

    Os nove metros, de Xosé Iglesias, mariñeiro

    Unha das maiores sortes das miñas reiteradas visitas á Coruña foi coñecer a Xosé Iglesias un home que sabe do que escribe e sabe escribir -e escenificar- o poema da súa vida: NOVE METROS Merquei, nove metros de liberdade,a cambio de ser un escravo do mar.Hipotequei o meu destiño o vento, a calma, as ondas , a maraxe…..Os trescentos sesenta rumbos do compáse as noites debaixo do universo.Merquei, nove metros de océano,o acuario eterno onde os meus sonos se mezclan entre cardumes e sereas.Firmei contrato indefinido co ceo:Buscarían sempre os meus ollosos hourizontes e as estrelas¡¡¡Merquei novecentos centímetros de pan,de…