Agora que os de Puertos del Estado seguen cos seus vellos costumes de xestionar o urbanismo da Coruña sen contar co Concello pódese recuperar este ferrete que as Orzaneiras levamos no antroido do ano pasado: CONSTRUTORES DE PEIRAO (Mariñeiro de Caión, tradicional) Os de Puertos del Estado quixeron especular (bis) e venderon o peirao pra poder edificar (bis) Os pesqueiros van pra Oza a mercante ao Exterior e nós enchemos o porto de cemento e formigón (Retrouso) Non levo peix’ non levo peix’ levo vivendas frescués (Bis) E Maruxa a peixeira xa montou a inmobiliaria (bis) vende duplex e locais…
-
-
Historia contada polo Rucho, bucio de secano, na que refírense os verdadeiros motivos do interese de Abanca na protección do mural. Escoiten os meus señores miñas donas coruñesas esta verídica historia de interesados mecenas * Era Fuencisla Marchesi unha rica propietaria con Javier Etcheverría ela casou ben casada. Tiña nun local do centro unha obra excepcional pintada por don Urbano chamado o pintor do mar. * Alá polo 2010 uns calquera, catro gatos advertiron o perigo ao mural hai que salvalo! E falaron co marido desa rica propietaria «Eu non quero protexelo, quero levalo pra casa!» * O concello máis…