Onte Le Rosaire de l’Aurore contaba: Tras o discurso pronunciado onte por Luis Alfonso de Borbón no espazo El coruñés opina de Radio Coruña [Que reproducimos na face desta folla voandeira] un, até o momento, apoucado movemento cidadá comeza a acordar no corazón da máis auténtica Coruña: veciños da Gaiteira, Eirís e Canedo alzaron espontánemente nos seus centros cívicos as bandeiras lexitimistas […] e nas lapelas da veciñanza comezan a brillar flores de lis, que os luisalfonsistas, usan como símbolo do cambio e da esperanza A CORUÑA LUISALFONSISTA, do Rucho. Publicado no LR de 21 de antroido de 2017 Hoxe…
-
-
Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire! LE ROSAIRE, NÚM. 3. TERCEIRA ETAPA. 21 DE ANTROIDO DE 2017. Sumario VOLVE A SANTA ALIANZA Luis Alfonso de Borbón mantivo unha reunión reservada co cónsul do United Kingdom en Galicia e representantes dos grupos municipais popular e socialista no Concello da Coruña que pon alicerces para a moción de censura a Ferreiro. A Santa Sé desvínculase da xuntanza. PENULTIMÁTUM, por Luis Alfonso de Borbón. Transcripción literal do discurso que o bipretendente ditou onte nos micrófonos de Radio Coruña A CORUÑA LUISALFONSISTA A Asemblea da Asociación de Veciños da Horta de Garás proclaman…
-
Le Rosaire, saíu! Descárguese Le Rosaire! LE ROSAIRE DE L’AURORE. 20 DE ANTROIDO DE 2017 Sumario. A ASOCIACIÓN DE VÍTIMAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA ESIXE RESPECTO A XULIO FERREIRO. A mofa da decapitación de Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen nun cartel de Alberto Guitián co que o concello atlántico anuncia o seu entroido «reabre feridas aínda non pechadas» LR, núm. 2, 20 de antroido de 2017.
-
Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire! O aperiódico por antropofaxia volve as súas pantallas nunha terceira época, coma sempre, impredecible. LE ROSAIRE DE L’AURORA. 19 DE ENTROIDO DE 2017. Sumario. O CONSULADO BRITÁNICO EN GALICIA ESIXE ESPLICACIÓNS AO CONCELLO DA CORUÑA. Tras o uso irreverente dun dos seus máis queridos xefes de estado e fundador da igrexa anglicana nun cartel de entroido. Pode ler o primeiro número desta nova xeira do Le Rosaire pulsando aquí.
-
– Y esta señora invisible es mi mujer. -Encantao. Fuente de la imagen.
-
RECORRIDO ALFABÉTICO POLO NOSO COMPROMISO CON VOSTEDES Apañaremos todas as subvencións que poidamos para mantermos vivos ainda que rematemos con Galicia, España ou Europa. Banco, para banco o noso! De verdade prefire que lle robe alguén de fora? As Caixas foron un erro mantido teimudamente durante décadas e son a fonte de todos os males: o cancro, as ditaduras de esquerdas, a taxidermia e o volei praia masculino. Daremos aos nosos empregados a formación e as instrucións precisas para que rouben só a aqueles dos nosos clientes que teñan uns ingresos anuais superiores a dúas veces e media o salario…
-
O NOSO BANCO DARÁ TRABALLO AOS NOSOS PÍCAROS Deus Mesmo Televisor nai Mondoñedo, Lugo Ninguén daba un duro por nós, as televisións de plasma. Que se éramos moi caras, que se o coltán esclaviza aos humanos de África, que as televisións tradicionais ainda tiraban… Se todos os pronósticos eran negativos fora de Galicia, que se podía esperar dunha terra tan conservadora como a nosa? O estudo do Intertational Pannel for the implantation of the plasmas TV in A Terra Chá financiado pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia concluía nunca antes de las 16:00 horas del 24…
-
UN BANCO QUE NON SE ESQUECE DE NÓS, AS GALEGAS Piumal Vento Alférez do corpo de calígrafos, fundadora do Colexio Profesional de Peritas Calígrafas de Galicia Ourense, Ourense A banca cambiou moito e en pouco tempo. Que nolo digan a nós, as galegas. Ata hai nada tiñamos dúas caixas e un banco. E agora atopámonos cun só banco, resultado da fusión das dúas caixas. (Perdemos un banco polo camiño, pero ós do Pastor non pagan esta páxina…) Os nosos principaís clientes nos últimos catro anos foron as dúas caixas. O acordo que firmamos con elas permitiu un crecemento desmesurado do…
-
UN BANCO PROPIO ÁBRENOS MOITAS PORTAS Xosé Tarabelo Secretario Xeral da Patronal dos cerralleiros de Galicia Vigo, Pontevedra A cerrallería é un sector estratéxico en Galicia. A miúdo é moi difícil explicarlle a alguén que non é galego a enorme importancia que esta actividade ten para a nosa sociedade. Sabemos as complicacións que causa estar lonxe dos lugares onde se toman as decisións que nos afectan directamente. O desenvolvemento do noso sector levounos a ter que buscar cada vez máis lonxe os recursos, e tamén os mercados e as oportunidades de investimento no exterior. Este proceso de internacionalización tería sido…
-
DÉRONME UN CRETO SEN AVÁIS Arsenio Ortigueira Empresario leonés do téxtil Arteixo, A Coruña O teño falado cos meus compañeiros da lista Forbes e sempre chegamos a mesma conclusión: as cousas non están tan mal porque fumos quen de paralas a tempo. E unha das solucións, ademáis de cambiar gobernos, foi rematar coas vellas caixas para transformalas en modernos, aerodiná-micos e competitivos bancos. Lonxe quedan os tempos nos que o noso capital desangrábase en obras sociais que non desgravaban impostos. Lonxe as entidades controladas por semianalfabetos elixidos “democráticamente”. Lonxe aquelas oficinas ateigadas de vellas cobrando pensións ou pagando recibos e…