(na exposición Lugrís. Paredes soñadas) [Un tento de Rodrigo Osorio] Posiblemente a razón fundamental para visitar a exposición Lugrís, paredes soñadas que Afundación terá na súa sede na Coruña até o vindeiro 3 de setembro sexa a rara oportunidade de ver a obra Retablo do descubrimento na súa disposición orixinal. Forman o dito retablo 13 táboas, 12 delas de 74 x 74 cm. e a central de 272 x 80 cm. Colocadas conforme o seguinte esquema: 1. 2 7. 8. 3. 4. …
-
-
As mans santas (de Francisco Miguel). Óleo sobre tea. 2010 Até o 21 de maio na Fundación Luis Seoane da Coruña pódese ver a exposición Correa Corredoira. Os días pintados unha restrospectiva da obra pictórica [cuns petiscos escultóricos] de Xabier Correa Corredoira . Entre todos os cadros impresionoume especialmente As mans santas (de Francisco Miguel) pola súa forza para transmitir a historia que agocha. Ao lado deste cadro, nun expositor un caderno do autor aclara para o visitante despistado a xénese do cadro: Caderno de Xabier Correa Corredoira. que di: Tras cortarlle as santas máns a Francisco Miguel os verdugos…