[Un tento de Rodrigo Osorio] O 29.10.2015 o Tribunal da Unión Europea (TUE), ditou unha sentenza na que resolve unha cuestión prexudicial que formulou un xulgado español sobre a compatibilidade da disposición transitoria cuarta de la Lei 1/2013co dereito da Unión. A cuestión É conforme co dereito da Unión o cómputo do prazo de un mes que concede a dita disposición aos executados nun procedemento de execución hipotecaria para iniciar o incidente excepcional de oposición á execución? A declaración do TUE Los artículos 6 y 7 de la Directiva 93/13/CEE del Consejo, de 5 de abril de 1993, sobre…
-
-
Rodrigo Osorio volta facer unha proposta para o sonigrama 84 do Diario cultural da Radio galega.Desta volta ten sentido sen necesidade dos sons. Nos caixeiros As almas libres, as prófugas dos cartos e ás que a maioría botamos dos pisos amoblados durmen -paradoxos da vida (a sucia realidade que construimos votando)- nos caixeiros.
-
Mándame Rodrigo este cibercorreo dende A Coruña e non me resisto a partillalo con vostedes: Vivía alí, no único sitio no que lle deixamos, debaixo dos soportais dunha praza calquera, dunha cidade calquera (A Coruña). Pouco a pouco foi acumulando cousas na súa casa (como facemos todos). Todos os días cando pasaba xunto a él (non sei se era unha muller ou un home) ao ir e voltar do traballo o vía durmindo, pola mañá era aínda cedo e ao sair eu, era a súa hora da sesta. O luns pasado acabou coa nosa paciencia… Algún de nós chamou as…
-
En Just Kids (Éramos unos niños) -a moi interesante e poética biografía dos primeiros anos de Patti Smith- a música contaba cómo durante unha etapa da súa vida gañou cartos procurando edicións raras (e mal tasadas) en libreiros de vello, mercándoas e revendéndoas polo seu prezo real. Sempre resultoume moi difícil de crer que a algún libreiro de vello se lle escapara unha xoia. Outra cousa é o rastro -que o diga Andrés Trapiello- ou un rastrillo. Este sábado A. chegou a casa cun tesouro. – Atopeino no rastrillo ese que hai na rúa P. -díxome- costoume 3…
-
Hace justo 5 años recogimos en esta constelación un soneto del Rucho que decía así: La torre de la Rosaleda Enhiesto surtidor de sombra y miedoque amenazas al pueblo con tu lanza.Gnomón que a las estrellas casi alcanzapara medir el oro que es mi tiempo. Mástil de hierro, amenazante dedoque justo en medio de la ciudad te alzaspara romper desde la lontananzala vista de los montes que más quiero. Cuando te vi, axioma de hormigón,qué ansiedades sentí de destruirte,de volver al pasado, de regreso al tiempo en que la vida era otra cosay no una farsa en manos del Progreso.Río,…
-
RECORRIDO ALFABÉTICO POLO NOSO COMPROMISO CON VOSTEDES Apañaremos todas as subvencións que poidamos para mantermos vivos ainda que rematemos con Galicia, España ou Europa. Banco, para banco o noso! De verdade prefire que lle robe alguén de fora? As Caixas foron un erro mantido teimudamente durante décadas e son a fonte de todos os males: o cancro, as ditaduras de esquerdas, a taxidermia e o volei praia masculino. Daremos aos nosos empregados a formación e as instrucións precisas para que rouben só a aqueles dos nosos clientes que teñan uns ingresos anuais superiores a dúas veces e media o salario…
-
O NOSO BANCO DARÁ TRABALLO AOS NOSOS PÍCAROS Deus Mesmo Televisor nai Mondoñedo, Lugo Ninguén daba un duro por nós, as televisións de plasma. Que se éramos moi caras, que se o coltán esclaviza aos humanos de África, que as televisións tradicionais ainda tiraban… Se todos os pronósticos eran negativos fora de Galicia, que se podía esperar dunha terra tan conservadora como a nosa? O estudo do Intertational Pannel for the implantation of the plasmas TV in A Terra Chá financiado pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia concluía nunca antes de las 16:00 horas del 24…
-
UN BANCO QUE NON SE ESQUECE DE NÓS, AS GALEGAS Piumal Vento Alférez do corpo de calígrafos, fundadora do Colexio Profesional de Peritas Calígrafas de Galicia Ourense, Ourense A banca cambiou moito e en pouco tempo. Que nolo digan a nós, as galegas. Ata hai nada tiñamos dúas caixas e un banco. E agora atopámonos cun só banco, resultado da fusión das dúas caixas. (Perdemos un banco polo camiño, pero ós do Pastor non pagan esta páxina…) Os nosos principaís clientes nos últimos catro anos foron as dúas caixas. O acordo que firmamos con elas permitiu un crecemento desmesurado do…
-
UN BANCO PROPIO ÁBRENOS MOITAS PORTAS Xosé Tarabelo Secretario Xeral da Patronal dos cerralleiros de Galicia Vigo, Pontevedra A cerrallería é un sector estratéxico en Galicia. A miúdo é moi difícil explicarlle a alguén que non é galego a enorme importancia que esta actividade ten para a nosa sociedade. Sabemos as complicacións que causa estar lonxe dos lugares onde se toman as decisións que nos afectan directamente. O desenvolvemento do noso sector levounos a ter que buscar cada vez máis lonxe os recursos, e tamén os mercados e as oportunidades de investimento no exterior. Este proceso de internacionalización tería sido…
-
DÉRONME UN CRETO SEN AVÁIS Arsenio Ortigueira Empresario leonés do téxtil Arteixo, A Coruña O teño falado cos meus compañeiros da lista Forbes e sempre chegamos a mesma conclusión: as cousas non están tan mal porque fumos quen de paralas a tempo. E unha das solucións, ademáis de cambiar gobernos, foi rematar coas vellas caixas para transformalas en modernos, aerodiná-micos e competitivos bancos. Lonxe quedan os tempos nos que o noso capital desangrábase en obras sociais que non desgravaban impostos. Lonxe as entidades controladas por semianalfabetos elixidos “democráticamente”. Lonxe aquelas oficinas ateigadas de vellas cobrando pensións ou pagando recibos e…