O número 17 da revista argentina A media Luz (publicado na primavera austral de 2007) publicou o seguinte artigo asinado por ABR: A MAREA NO XANREI, UN ESTRIBILLO INÉDITO DE JOSÉ BIOBARDI A MAREA NO XANREI Sube coa lúa a melancolía “Preamar as oito” -anunciaba o diario. A máis afouta onda móllame o corazón, móllame o corazón que se torna pesao LA MAREA EN EL XANREI1 Sube con la luna la melancolía “Pleamar a las ocho” -anunciaba el diario. La ola más osada me moja el corazón, me moja el corazón que se torna pesado. El manuscrito que publicamos en…
-
-
Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega. Sonigrama 122 E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso: DESEÑO INTELIXENTE Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador… sementar animismo no momento estelar 1350… panteísmo, 750 unidades estelares despois… ritos xerárquizados no intre 5415-8… bailes tribais naquela illa… e de remate… a autoconsciencia. E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión. Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do…
-
Historia contada polo Rucho, bucio de secano, na que refírense os verdadeiros motivos do interese de Abanca na protección do mural. Escoiten os meus señores miñas donas coruñesas esta verídica historia de interesados mecenas * Era Fuencisla Marchesi unha rica propietaria con Javier Etcheverría ela casou ben casada. Tiña nun local do centro unha obra excepcional pintada por don Urbano chamado o pintor do mar. * Alá polo 2010 uns calquera, catro gatos advertiron o perigo ao mural hai que salvalo! E falaron co marido desa rica propietaria «Eu non quero protexelo, quero levalo pra casa!» * O concello máis…
-
A FESTA GALEGA DO SÁBADO Amigos da Fala somos Y-o amor de Galicia sea, Xa que de todos é nai, Quen nos xunte e nos protexa (Cántiga dos amigos da fala, Manuel Lugrís Freire) Parte da xunta directiva da Novísima Irmandade da Fala da Cruña XERMÁN VALTUILLE. A Coruña. Se a convocatoria que o colectivo In nave civitas tivera máis acollida na imprensa local, a festa que o sábado se celebrou na fermosa paraxe das Maceiras (San Vicenzo de Elviña) tería alcanzado aínda maiores proporcións; porén resultou un verdadeiro éxito para os organizadores desta recreación do centenario da primeira saída…
-
Agradezo ás amigas da ciber-revista Palavra comum que acolleran un pequeno avance editorial. FRAGMENTOS DA ATOREIDA Sobre unha posible orixe orzánica do castro de Cociñadoiro Un adianto: «Miña dona, agora que a alianza rematoupoderemos usar do saber dos fenicios para evitar a guerra.Esta arte que usan no último confín,moito máis alá de sereas e cíclopes,nos campos nos que Yamm goberna con terror,pode que permita nova paz cos brigantios» O de xenio ebulente amosou á raíñao enxoval que trouxera da terra dos fenicios:fíbulas e xerras, punzóns e agullas,espadas e puñais agudos e lixeiros. Se lles presta preman sobre o seu título…
-
Na páx. 721 do Altos estudios eclesiásticos, de Rafael Sánchez Ferlosio; Ignacio Echevarría di: En un excelente y muy documentado artículo (Jacinto Batalla y Valbellido, un autor de referencia) publicado el 3 de marzo de 2014 en la revista digital El Coloquio de los Perros, Sergio B. Landrove hace un exhaustivo acopio de todas las noticias que da Ferlosio de este personaje, así como de los textos que le atribuye. e esta cita nas notas ao primeiro volume dos ensaios reunidos de RSF está a facerme feliz dende que a descubrin. Por certo o meu “excelente y muy documentado” artigo…
-
Rodrigo Osorio volta á carga e enviou o seguinte restrallete como proposta para o sonigrama 110 do Diario Cultural da Radio Galega. – Entón cre que funcionará? – Poden comprobalo vostedes neste ensaio. Aldán, explícalles as conclusións. – O suxeito B é unha muller de corenta e oito anos: o votante medio. Nos test previos amosou certas tendencias filo-libertarias. De ter que escoller unha papeleta nunca sería unha das súas pero coas nosas “correccións” do sistema de cirbervoto: miren, miren,… Tras catro erros pódelle a preguiza e non le o que supón premer “aceptar” e… sempre vota por un de…
-
Fonte da imaxe. É unha especie de cetáceo odontoceto . A diferencia fundamental co narval común (Monodon monoceros) é que tanto a femia como o macho do narval lugrisán ten o característico corno –en realidade un dente- e ambos lucen unha gran variedade de cores na súa pel. Carece de aleta dorsal e ten un tamaño mediano entre os cetáceos, cunha lonxitude promedio, nos machos adultos, que oscila ente os 6 e os 7 metros, e un peso arredor das 2 toneladas. O seu habitat coñecido son as augas atlánticas da costa de Galicia e o norte de Portugal, aínda…
-
Os amigos da ciber-revista El coloquio de los perros veñen de publicar unhas traducións que fixen ao castelán dalgúns dos poemas da Transfusión Oceánica de Xosé Iglesias. Fotografía de Gabriel Tizón. Fuente. Poden lelos premendo na ligazón: XOSÉ IGLESIAS EN EL COLOQUIO DE LOS PERROS
-
A revista para unha nova civilización, 15/1515 vén de publicar o poema The End de Rodrigo, o meu alter ego, ilustrado por un colás do meu benquerido Rucho poden lelo premendo sobre o seu título: THE END The end. O Rucho. Colás. 2015