O pasado 27 de febreiro de 2018, morreu Sergio B. Landrove, o autor desta bitácora, encomendoume a edición das súas obras literarias rematadas e nesa tarefa ando ocupado dende aquela. Emilio Gancedo dedicoulle nas páxinas culturais de Diario de León, un dos primeiros xornais que acolleu a súa obra, unha agarimosa reseña-obituario . Poden ler o artigo no cibersitio do xornal nesta ligazón.
-
-
As amigas da libraría Sisargas hospedaron na súa bitácora unha crítica do meu alter ego, Rodrigo Osorio, desta banda deseñada de Jorge Campos: Alter·nativo, a banda deseñada dos sendeiros que se entrecruzan. 1. Herbert Quain, Ts’ui Pên y Leif Tande Los mundos que propone April March [a novela de Herbert Quain] no son regresivos, es la manera de historiarlos […] Trece capítulos integran la obra. El primero refiere el ambiguo diálogo de unos desconocidos en un andén. El segundo refiere los sucesos de la víspera del primero. El tercero, también retrógrado, refiere los sucesos de otra posible víspera del primero;…
-
Ás responsables do xornal dixital Praza pública hoxe acollen artigo Unha orde de ida e volta do meu vello amigo, Rodrigo Osorio, sobre a intrépida medida adoptada polo director xeral de xustiza da Xunta de Galicia.
-
Velaí a proposta de Rodrigo Osorio, cada día máis activo, para o sonigrama 132 do Diario cultural da Radio Galega: O ALMORZO DO DUQUE DE WESSEX OU “O EFECTO PATATILLA” O duque de Wessex, sabe que ten que agardar exactamente 57 segundos. O tempo exacto en que as mastigaduras de Xosé Lamas, un vigués que sempre almorza patatillas, fan desenvolvérense uns papéis engurrados dunha Concellaría de Ferrol; que pola súa banda levan agromar a fonte escura de Toulousse. Gurgullar que fai chover en Ouessant, o que espanta ao vento que comeza a súa invisíbel invasión de Inglaterra acirrando ao tren…
-
As Páginas escogidas, de Rafael Sánchez Ferlosio (Literatura Random House, 2017) teñen un Apéndice titulado Don Jacinto Batalla y Valbellido. Sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un maestro apócrifo no que o editor da selección (Ignacio Echeverría) compila todas as referencias e citas que RSF fai da obra de don Jacinto. O apéndice comeza así: En este apéndice se reúnen y ordenan todas las referencias que hace [Rafael Sánchez Ferlosio] a su personalidad y a sus obras, así como todas las citas conocidas de sus dichos y escritos. Los editores hacen constan que fue Sergio B. Landrove, en un artículo…
-
A sección cartafol do número 46 da revista Luzes de Galiza acolle unha escolma de fotografías de Pilar Silva baixo o título Intramuros. Capa do núm. 46 de Luzes Pilar escolleu un texto de Rodrigo Osorio para encabezar a dita selección: INTRAMUROS (Vidas in vano) É perigoso asomarse ao interior. Vidas abertas nunha natureza morta. Vidas pechadas tras a luz. Portas que dan a un infinito branco. Abrir fiestras para airear o mundo. Pecharse na rúa. Ninguén pode agocharse no interior. As vidas, vanas ou fructíferas, amósanse tamén tras os muros. Pero o que paga a pena son, sen dúbida…
-
O cibersitio Historia de Galicia reseña o tiento de Rodrigo Osorio “P.M.A”, unha interpretación ventureira: Portus magnus artabrorun, unha posible sinatura de Lugrís. Xa o 10 de agosto publicaron unha completa reportaxe de Iñigo Mouzo sobre o mural da rúa Real 74-76 e a exposición organizada por Afundación: A Coruña reconcíliase con Lugrís, o artista do mar.
-
El ideal gallego, 12 de agosto de 2017, páx. 11 O xornal El ideal gallego fixo esta referencia ao tento P.M.A, unha interpretación ventureira do “investigador” Rodrigo Osorio.
-
O xornal Praza pública hospedou no seu cibersitio o tento As vellas oficinas xudiciais na nova Fábrica de Tabacos da Coruña (Que orixinariamente se titulaba “Non sal o toxo de toxo…” ) de Rodrigo Osorio, que semella que quere seguir facendo amigos no choio.
-
A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917.; por xentileza de Antóm Laia. O DOMINGO QUE VÉN Un mitin galleguista no Ferrol O día once terá efeito no Ferrol un mitin de propaganda organizado pol-o comité d’aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña. N’él tomarán parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire. O notabre coro “Toxos e Froles” cantará os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo. Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás…