• A contratiempo. - Pontificando - Rebusco electrónico. - Un canon accidental

    Linguaxe inclusiva e Corán

    Lendo La cara desnuda de la mujer árabe (curioso título da edición en castellano de The hidden face of Eve, de نوال السعداوي –Naual Al Saadaui– na edición de 1991 da editorial horas y Horas) atopo unha cousa sorprendente. Hind bint Abi Umayya (هند بنت أبي أمية) tamén coñecida como Um Salama, a sexta muller do profeta Mahoma (ابو القاسم امحمد ابن عبد الله ابن عبد المطلب ابن هاشم القريش) queixouse da redacción do Corán e lle dixo ao seu esposo: Hemos proclamado nuestra fe en el islam y hemos hecho lo que vosotros habéis hecho. ¿Como puede ser que…

  • In nave civitas - P.M.A. - Pontificando - Tientos - Urbano Lugrís

    «P.M.A.», UNHA INTERPRETACIÓN VENTUREIRA, de Rodrigo Osorio Guerrero

    Como (non) nomear un fresco de Urbano Lugrís González [Un tento de Rodrigo Osorio] Para maior comodidade pode descargarse o texto deste tento aquí. Ventureira (adxetivo). Planta que nace e medra sen ser plantada ou sementada. Dicionario da Real Academia Galega Ventureiro (adxectivo) . Casual. Espontâneo […] Dicionario Estraviz A TESE (OU REVELACIÓN) VENTUREIRA Fotografía de Daniel Suárez Pousa, 2010. O Rubén Ventureira Novo, comisario da exposición Lugrís, paredes soñadas, e encargado da mercadotecnia para revalorizar o fresco que o Urbano Lugrís González [ULG] pintou no baixo de rúa Real 74-76 da Coruña nominou este mural como Vista da Coruña…

  • Francisco Miguel - In nave civitas - Pontificando - Tientos - Un canon accidental - Urbano Lugrís

    O quebracabezas do descubrimento, de Urbano Lugrís

    (na exposición Lugrís. Paredes soñadas) [Un tento de Rodrigo Osorio] Posiblemente a razón fundamental para visitar a exposición Lugrís, paredes soñadas que Afundación terá na súa sede na Coruña até o vindeiro 3 de setembro sexa a rara oportunidade de ver a obra Retablo do descubrimento na súa disposición orixinal. Forman o dito retablo 13 táboas, 12 delas de 74 x 74 cm. e a central de 272 x 80 cm. Colocadas conforme o seguinte esquema: 1. 2                                   7. 8.  3. 4.  …

  • Dereito - El huevo y el fuero. - O ovo e o foro

    PAPEL A MANCHEAS NOS XULGADOS DA CORUÑA

    [Un tento de Rodrigo Osorio] Fonte da fotografía. Para a completa ciber-tramitación dos expedientes nas oficinas xudiciais (o moi publicitado «papel cero») queda moito tempo e no caso de Galicia, aínda máis. Semella que o conselleiro de xustiza non leu a meirande parte das normas coas que dende 2009 os lexisladores quixeron actualizar a administración de xustiza ou que de telas lido, a vontade do goberno galego é non cumprir as leis estatais neste eido. Para coñecer a política da Xunta de Galicia en materia de administración de xustiza o caso do expediente dixital é paradigmático. Unha das reformas de…

  • Francisco Miguel - Un canon accidental - Urbano Lugrís

    As mans santas (de Francisco Miguel), de Correa Corredoira

    As mans santas (de Francisco Miguel). Óleo sobre tea. 2010 Até o 21 de maio na Fundación Luis Seoane da Coruña pódese ver a exposición Correa Corredoira. Os días pintados unha restrospectiva da obra pictórica [cuns petiscos escultóricos] de Xabier Correa Corredoira . Entre todos os cadros impresionoume especialmente  As mans santas (de Francisco Miguel) pola súa forza para transmitir a historia que agocha. Ao lado deste cadro, nun expositor un caderno do autor aclara para o visitante despistado a xénese do cadro: Caderno de Xabier Correa Corredoira. que di: Tras cortarlle as santas máns a Francisco Miguel os verdugos…

  • In nave civitas - Un canon accidental - Urbano Lugrís

    Lugrís: paredes soñadas

    Unha rebusca na rede alértanos de unha nova interesante Afundación anda a preparar unha exposición, na súa sede da Coruña, titulada Lugrís: paredes soñadas. Polo que sabemos veñen ou xa están na coruña as seguintes obras: Os murais que ten o Museo de Pontevedra (San Pedro de Mezonzo e Santa Trahamunda): San Pedro de Mezonzo, mural do Museo de Pontevedra. [Estes murais e outros restos que podemos ver no corredor da galeria José Lorenzo na praza de Toural de Compostela, pintounos Urbano Lugrís na Sanatorio Álvarez de Santiago de Compostela ] O Retablo do descubrimento que Lugrís pintou no Instituto…

  • Antroido - Humoroteca de l´Aurore. - Pontificando

    Claudia Delso traizoa a Xulio Ferreiro

    Onte Le Rosaire de l’Aurore contaba: Tras o discurso pronunciado onte por Luis Alfonso de Borbón no espazo El coruñés opina de Radio Coruña [Que reproducimos na face desta folla voandeira] un, até o momento, apoucado movemento cidadá comeza a acordar no corazón da máis auténtica Coruña: veciños da Gaiteira, Eirís e Canedo alzaron espontánemente nos seus centros cívicos as bandeiras lexitimistas […] e nas lapelas da veciñanza comezan a brillar flores de lis, que os luisalfonsistas, usan como símbolo do cambio e da esperanza A CORUÑA LUISALFONSISTA, do Rucho. Publicado no LR de 21 de antroido de 2017 Hoxe…

  • Antroido - Humoroteca de l´Aurore.

    Le Rosaire de l’Aurore, núm. 3. (Terceira época).

    Le Rosaire saíu! Descárguese Le Rosaire! LE ROSAIRE, NÚM. 3. TERCEIRA ETAPA. 21 DE ANTROIDO DE 2017. Sumario   VOLVE A SANTA ALIANZA Luis Alfonso de Borbón mantivo unha reunión reservada co cónsul do United Kingdom en Galicia e representantes dos grupos municipais popular e socialista no Concello da Coruña que pon alicerces para a moción de censura a Ferreiro. A Santa Sé desvínculase da xuntanza. PENULTIMÁTUM, por Luis Alfonso de Borbón. Transcripción literal do discurso que o bipretendente ditou onte nos micrófonos de Radio Coruña A CORUÑA LUISALFONSISTA A Asemblea da Asociación de Veciños da Horta de Garás proclaman…