Autobombo. - Crónicas landróvicas - Na prensa - No ventre da matriosca

Quen foi Sergio B. Landrove?

O pasado 27 de febreiro de 2018, morreu Sergio B. Landrove, o autor desta bitácora, encomendoume a edición das súas obras literarias rematadas e nesa tarefa ando ocupado dende aquela.

Emilio Gancedo dedicoulle nas páxinas culturais de  Diario de León, un dos primeiros xornais que acolleu a súa obra, unha agarimosa reseña-obituario .

 

 

Poden ler o artigo no cibersitio do xornal nesta ligazón.

 

Fotografía de avatar

Naceu en Ponferrada (León) e traballa como letrado da administración de xustiza na Coruña. Fai parte do colectivo lugrisán In Nave Civitas, da comparsa As Orzaneiras e é asesor do Consello de Redacción de 15/15\15, revista para unha nova civilización na que ten publicado artigos, entrevistas, contos e poemas. Editou literariamente "Orixe orzánica das sereas todas" (Alvarellos, 2021), o discurso de ingreso na Academia Galega de Urbano Lugrís González e publicou un poemario decrecentista "Fuxidío mañá" (Ediciós da mitocondria, 2022). Colabora ocasionalmente con Luzes de Galicia, Praza pública, Xornal da Coruña, Fonte limpa, La opinión de A Coruña e La Voz de Galicia. Como albacea literario de Sergio B. Landrove edita e coordina Constelación decimoctava.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *