¿Publicidad? - A Coruña - In nave civitas - Urbano Lugrís

Mil grazas a tod@s!

Saude e océano!

7 anos despois de que a Asociación Cultural O Mural comezara coa súa loita para protexer o fresco que Urbano Lugrís González pintou nos números 74-76 da rúa Real
5 máis tarde de que o colectivo In nave civitas se sumara con toda a forza do mar de Orzán a esa loita;
e 4 despois de que a asociación cultural O Mural solicitara formalmente a declaración do fresco como ben de interese cultural
Hoxe, por fin, este mural é ben de interese cultural.
A propietaria nunca tivo interese real en conservalo e somente a forza da lei  empuxada por todas as persoas que reivindicamos o acceso á beleza conseguiu, grazas ao gran traballo (desinteresado) de arquitect@s, un restaurador, unha avogada e un procurador que unha obra cimeira da arte estea protexida.
Moitas leccións podemos tirar desta aventura: a lei non sempre está na nosa contra; hai revolucións nas que se pode bailar (e cantar, facer teatro, pintar, rimar…); xunt@s sempre somos máis fortes e precisamos  de tódalas mans para alcanzar o improbable.
Todas e cada unha das personas que estiveron, sequera un cachiño da súa vida, nesta loita teñen que ser abenzoadas: grazas e parabens a tod@s as que fixechedes posible este fito!
O vindeiro 23 de decembro celebraremos o VIII día Lugrís e será día de festa grande para celebrar a chegada a un dos primeiros portos, porque este non é o fin…
Tanta paixón, quen poderá detela?
Máis sobre este mural, nesta Constelación:

na bitácora de In nave civitas:


e na bitácora de O Mural. 

Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *