O cibersitio Historia de Galicia reseña o tiento de Rodrigo Osorio “P.M.A”, unha interpretación ventureira:
Portus magnus artabrorun, unha posible sinatura de Lugrís.
Xa o 10 de agosto publicaron unha completa reportaxe de Iñigo Mouzo sobre o mural da rúa Real 74-76 e a exposición organizada por Afundación: A Coruña reconcíliase con Lugrís, o artista do mar.
Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela.
En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018.
Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018.
É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.