Unha rebusca na rede alértanos de unha nova interesante
Afundación anda a preparar unha exposición, na súa sede da Coruña, titulada
Lugrís: paredes soñadas. Polo que sabemos veñen ou xa están na coruña as seguintes obras:
[Estes murais e outros restos que podemos ver no corredor da
galeria José Lorenzo na praza de Toural de Compostela, pintounos Urbano Lugrís na Sanatorio Álvarez de Santiago de Compostela ]
O Retablo do descubrimento que Lugrís pintou no Instituto de Cultura Hispánica (hoxe Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desarrollo) que estaban a trasladar esta semana:
O cadro
San Telmo do
Museo Naval de Ferrol (que algúns din que é o último resto localizado das pinturas do iate Azor):
 |
| San Telmo, de Urbano Lugrís. (Museo Naval de Ferrol) |
Estas referencias dicían que a exposición comezaba o 9 de marzo pero semella que se retrasa… Quizáis por que Afundación quere presentar por todo o alto o seu descubrimento?