Autobombo. - In nave civitas - Novísima Irmandade da Fala da Cruña

O SÁBADO QUE VÉN. Recreación dun mitin galeguista en Ferrol

A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917.; por xentileza de Antóm Laia.









O DOMINGO QUE VÉN


Un mitin galleguista no Ferrol


O día once terá efeito no Ferrol un mitin de propaganda organizado pol-o comité d’aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña.

N’él tomarán parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire.

O notabre coro “Toxos e Froles” cantará os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo.

Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás nove da mañán pra voltare pola tarde.

O auto, se dúbida será moi solene e froitifero.

Logo, faráse outro en Santiago.

E pésase n’unha gran asambleía de todol-os grupos da Hirmandade que hai en Galicia.

[A Nosa Terra, núm. 9, 6 de xaneiro de 1917]
100 anos despois In nave Civitas coa colaboración da fundaçom Artábria imos conmemorar ese “auto solene e froitifero” cunha recreación histórica.
Desta volta será un sábado… E dicir:
 
O SÁBADO QUE VÉN
Recreación dun mitin galeguista en Ferrol
O día 11 terá efeito no Ferrol a recreación do mitin de propaganda que en 1917 organizou o comité d’aición galleguista da Hirmandade da fala da Cruña.

N’él tomaron parte varios oradores, antre outros, un ferrolán Carballal, Villar Ponte, Peña Novo, Niebla e Lugrís Freire.

O notabre coro “Toxos e Froles” cantou os hinos gallegos de Pondal e Veiga e de Brañas e Taibo.
Prégase a cantos hirmáns da fala poidan acompañar ós oradores, que o fagan. Sairáse da Cruña ás 10:50 horas da mañán pra voltare pola tarde.
O auto, se dúbida será moi solene e froitifero.
Máis información:
Sobre o mitin de 1917:
Sobre a nosa recreación:
En episodios anteriores:
[NOTA DO 09/02/2017] AVISO PARA ÁS INTERESADAS  xa non quedan prazas para o xantar na fundaçom Artábria.
Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *