Autobombo. - Restralletes - Sonigramas

Deseño intelixente, proposta para o sonigrama 122

Este é o sonigrama 122 do Diario Cultural da Radio Galega.

E esta a proposta de Rodrigo Osorio que volta con forza a participar no concurso:

DESEÑO INTELIXENTE


Este traballo no sector 7 é pura rutina, cumprir co protocolo de implantación da conciencia do eterno seguindo os plans do Deseñador…


sementar animismo no momento estelar 1350…


panteísmo, 750 unidades estelares despois…


ritos xerárquizados no intre 5415-8…


bailes tribais naquela illa…


e de remate… a autoconsciencia.



E ese berro? Ai! Coido que me pasei coa dose de comprensión.
Léronna no programa de hoxe e podedes escoitala a partir do minuto 39:55 (aprox.)

Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *