Restralletes - Sonigramas

Compra semanal (Sonigrama 85)

Despois do éxito de Nos caixeiros.

Esta é a proposta de Rodrigo para o Sonigrama 85 do Diario cultural da Radio Galega:

(É necesario escoitar os sons para atopar o sentido? do relato)


COMPRA SEMANAL


Dous de aceite, unha de auga, unha leituga, medio de kiwis,…


unha bandada de gaivotas,…


dous quilos de brócoli, tres de leite semigordo,…


sete galiñas,… Non, oito! (Case se escapa esta)


café, xabrón,unha vaca,…


     – Queta, Rubia! Xa tes dono!

… e tres de cereais.


Mentras colocaba a compra no carriño a caixeira sorriu:

      – En efectivo ou con tarxeta? 

Abriu a botella de auga, deu un grolo e colleu folgos.


    – Teña bo día, señor, e non se esqueza dos cupóns para o cachalote.

Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *