Restralletes - Sonigramas

O día seguinte, proposta de ROG para o Sonigrama 78

Xermán escoitouno polo talkie, pero non o creu… Ata que veu a Godzilla. Entón alertou aos seus compañeiros:

– Un dinosaurio vai cara ao robot xigante que víchedes!

Mariola, usuo a radio para decirlle aos dos outros coches patrulla:

– Estades de carallada? Como vos escoiten na comisaría!

Mirou ao final da avenida e foi quen de deixar libre de peóns a senda dos elefantes antes de que pasara a manada das doce.

– Aqui a Central a todos os axentes, deixade baleira Rosalía de Castro, repito, Rosalía de Castro. Mando tres cazas para derribar ao lagarto. Despexade a zona!

Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *