A contratiempo. - Crónicas landróvicas - In nave civitas - Medre o mar - Pontificando - Un canon accidental - Ya os lo dije yo

O Parlamento de Galicia e as obras de Urbano Lugrís

Con esto de intentar que non se perdan os murais do noso señor Lugrís estiven a buscar o que fixeran os nosos mandatarios ao respecto e atopei o seguinte:
O 08.06.2009 o grupo parlamentar socialista levou ao Parlamento unha proposición para instar á Xunta de Galicia a:
  • catalogar as obras de Urbano Lugrís González
  • levar a cabo un ditamen do estado das obras do Café Vecchio, do antigo restaurante Fornos e da Casa do Mar de Malpica
  • proceder a limpeza e restauración desas obras
O Boletín do Parlamento de Galicia (BOPG) de 02.11.2009 aprobou a proposición co algunha modificación:
1. Elaborar un inventario das pinturas de Urbano Lugrís González, facendo especial fincapé na obra dispersa en edificios públicos ou privados.

2. Levar a cabo un ditame do estado da obra de Lugrís no Café Vechio e no antigo restaurante Fornos, da Coruña, na Casa do Mar de Malpica e na Escola da Igrexa de Vilaboa.

3. Proceder á limpeza e á restauración que precisan estas obras.
(Ver páx. 8 do documento, 27230 do boletín)
(Desgrazadamente o listado do punto 2. non está completo: faltan polo menos o mural do restaurante Nova Galicia en Santiago de Compostela e os do Museo Massó e outro, que so coñezo de oidas, dunha Farmacia en Pontevedra)
O pasado mes de decembro o grupo parlamentar do BNG preguntou ao Goberbo sobre as actuacións concretas sobre o mural do Café Vecchio (Rúa real, 74 da Coruña) e o Goberno ven de contestar, precisamente a semana pasada, o seguinte (BOPG de 07.03.2013)
(…) a dirección xeral de patrimonio está a elaborar un estudo organoléptico sobre a súa conservación (…) os resultados deseinforme deben servir para que os propietarios dese ben poidan adoptar a s medidas de consevación máis acaidas. Sempre coa colaboración da Dirección de Patrimonio Cultural (…)

En fin que a Xunta de Galicia está moi preocupada polo patrimonio pero fai responsable da súa conservación aos titulares do mesmo.
A parte positiva é que semella que despois da iniciativa dos socialistas comezaron a traballar nas obras enumeradas (tamén na do restaurante Fornos?) polo que certo recoñecemento como Patrimonio Cultural sí que teñen.
Medre o mar!
Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *