In nave civitas alerta do perigo da perda dos murais de Urbano Lugrís.
Esta semana comezaron unhas obras no baixo do antigo restaurante Fornos (logo, creperia La Bottega) na rúa Olmos, 27. Este é un dos poucos locais da zona de viños coruñesa que conserva -ou conservaba cando a crepería estaba aberta ao público- muráis do pintor coruñés Urbano Lugrís.
Dende o colectivo In nave civitas queremos facer unha chamada para que esa reforma sirva para que todas podamos voltar a desfrutar dos muraís sur-marinos.
Agardamos non ter que chorar a perda doutro mural irrepetible do noso señor Lugrís.
Medre o mar!
O estado da obra o martes 12.03.2013:
O estado da obra o mércores 13.03.2013: onde estaba o escaparate hai dous ocos: unha porta e una fiestra.
(As fotografías son miñas e as tomei cun teléfono móbil, só serven para facerse unha idea)
Os amigos do Diario Cultural da Radio Galega acolleron o noso comunicado hoxe. Se quere pode escoitalo pulsando no enlance (comeza no minuto 16:49, aprox.)
Qué hai -ou había– no baixo da rúa Olmos, 27?
Un mural dos que o Noso Señor Lugrís facía nas tabernas para gañar uns duros, como o que hoxe está no Veccio -rúa Real da Coruña- ou os da Mundiña -na rúa da Estrela.
Algúns recunchos do mural do antigo restaurante Fornos:
Antón Patiñó e Xurxo Souto brinda por Urbano Lugrís (Foto G. Tizó para El País)
E do …mmmm…, ciberbitácora de Estíbaliz Espinosa as seguintes fotos:
Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela.
En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018.
Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018.
É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.
Related Posts
15/08/2017