Restralletes - Sonigramas

A proposta de ROG para o sonigrama 70

Vou centrar un pouco o texto co espazo,
espazo, espazo…

espazo, o espazo no que vogan as ondas do son…

Que estou a escribir?

“Luisa, non é doado comezar esta carta…”

…as metralladoras como máquinas de escribir esquelas…

-Teño que centrarme.

“Luisa, non deixo de pensar no martes cando non fun quen de responder a túa pregunta, tansinxela…”

…as manos dela escribían mentres soaba aquela canción. Son incapaz de porme á máquina sen lembrar aquela serie da tele, Murder, She wrote…

Se non me podo concentrar é mellor co deixe.
Fareino pouco a pouco:

L – u –  i – s – a- ,

Sergio B. Landrove

Naceu no medio e medio do océano Atlántico a bordo do buque Covadonga no que os seus pais retornaban a España. Estudou filosofía nas universidades de Salamanca e Santiago de Compostela. En 2003 abandona a universidade e comeza a traballar como mecánico en Ponferrada, cidade na que faleceu o 27 de febreiro de 2018. Foi subdirector plenipotenciario da folla voandeira presuntamente humorística Le Rosaire de l`Aurore dende 2004 a 2018. É autor do blog Constelación decimoctava, de dúas recompilacións de relatos Osorio y compañía (Ediciós da mitocondria, 2005) e Restralletes (Ediciós da mitocondria, 2008) e dunha manda de contos, tentos, poemas e artigos espallados por cibersitios, xornais e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *